pastoral

pastoral

lat pastorale

Plural: pastorais
  1. adx

    Que reflicte a vida dos pastores dun xeito idílico.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao coidado das almas.

    2. adx

      Relativo ou pertencente ao bispo ou á súa actividade como pastor.

    3. s

      Escrito de exhortación, consello ou información que manda o bispo á clerecía ou ao pobo da súa diocese.

    4. acción pastoral

      Conxunto de actividades que a Igrexa realiza para que os homes acepten a súa mensaxe de salvación. OBS: Tamén se denomina pastoral.

    5. bastón pastoral

      Caxato que levan os bispos, abades e abadesas nas cerimonias litúrxicas como símbolo de autoridade.

    6. teoloxía pastoral

      Ciencia teolóxica sobre a acción pastoral da Igrexa cuxo obxecto é o condicionamento da realización da Igrexa en cada situación de actualidade. OBS: Tamén se denomina teoloxía práctica.

  2. s f
    1. Peza musical escénica con partes instrumentais e vocais, con ballet ou sen el, de ambiente xeralmente campestre, que xurdiu a finais do s XV.

    2. Composición musical alusiva á vida dos pastores, moi frecuente na música da segunda metade do s XVIII.

  3. xénero pastoral [LIT ]

    Xénero literario que se caracteriza pola idealización da vida pastoril e, en xeral, da vida labrega.

Sinónimos

Palabras veciñas

pastinaca pasto pastor -ra pastoral pastorear pastorela pastoreo