pastor -ra

pastor -ra

lat pastore

Plural: pastores Masculino: pastor Masculino plural: pastores Feminino: pastora Feminino plural: pastoras
  1. s

    Persoa que leva o gando a pastar e coida del.

  2. s
    1. Guía espiritual, sobre todo o bispo e o sacerdote. OBS: Tamén se denomina pastor de almas.

    2. Ministro do culto na Igrexa reformada.

    1. adx

      Que coida o gando, especialmente as ovellas. Tm s m, referido a can.

    2. pastor alemán [ZOOL ]

      Raza de cans de tamaño grande que presenta as orellas ergueitas e fociño aguzado, que se emprega para multitude de tarefas, xa que están considerados un dos cans máis versátiles.

  3. o Bo Pastor [RELIX ]

    Atributo aplicado a Cristo, partindo da parábola sobre o pastor que deixa o rabaño para ir buscar a ovella descarreirada, e doutras pasaxes en que Cristo se denomina pastor.

Refráns

  • A. cabra, para quen a garda.
  • O pastor descoidado á posta do sol busca o gado.

Palabras veciñas

pastilla pastinaca pasto pastor -ra pastoral pastorear pastorela