pasivo -va
pasivo -va
lat passīvu
-
adx
Que non ten actividade.
-
adx
Que sofre a acción de alguén ou de algo.
-
adx
Que non ten iniciativa.
-
adx
Aplícase aos circuítos ou elementos que non conteñen ningunha fonte de enerxía.
-
adx
Aplícase ao metal sometido á pasivación.
-
s
m
[ECON ]
Suma de todas as débedas que ten pendentes unha empresa.
-
conxestión pasiva
[PAT ]
Aumento da cantidade de sangue dun órgano por dificultades de drenaxe.
Citas
- Asiste todos os días a clase de ximnasia pasiva para recuperarse, Mantivo unha actitude de non violencia e resistencia pasiva
- Os dentes son órganos pasivos da cavidade bucal, É unha persoa moi pasiva
- Os fumadores pasivos piden respecto nos lugares públicos