pasivo -va

pasivo -va

lat passīvu

Plural: pasivos Masculino: pasivo Masculino plural: pasivos Feminino: pasiva Feminino plural: pasivas
  1. adx

    Que non ten actividade.

  2. adx

    Que sofre a acción de alguén ou de algo.

  3. adx

    Que non ten iniciativa.

  4. adx

    Aplícase aos circuítos ou elementos que non conteñen ningunha fonte de enerxía.

  5. adx

    Aplícase ao metal sometido á pasivación.

  6. s m [ECON ]

    Suma de todas as débedas que ten pendentes unha empresa.

  7. conxestión pasiva [PAT ]

    Aumento da cantidade de sangue dun órgano por dificultades de drenaxe.

Citas

  • Asiste todos os días a clase de ximnasia pasiva para recuperarse, Mantivo unha actitude de non violencia e resistencia pasiva
  • Os dentes son órganos pasivos da cavidade bucal, É unha persoa moi pasiva
  • Os fumadores pasivos piden respecto nos lugares públicos