parlamento

parlamento

fr parlement

Plural: parlamentos
  1. s m
    1. [DER/POLÍT ]

      Asemblea lexislativa dun estado, dunha nación ou dunha rexión cuns poderes que son regulados, xeralmente, pola constitución e que está formada por unha soa cámara (unicameralismo) ou por dúas (bicameralismo).

    2. [HIST ]

      Asemblea convocada polo rei co fin de chegar a acordos e obter favor, consello e axuda dos estamentos.

    3. Edificio que é sede desta institución.

  2. s m

    Discurso oral que realiza unha persoa.

  3. s m

    Intervención longa en prosa ou en verso que realiza un actor nunha obra teatral.

Citas

  • Co parlamento do alcalde púxose fin á entrega de premios