parchís

parchís

hindi pacīsī, de pacīs ‘vinte e cinco’

Plural: parchíses
  1. s m [XOGO ]

    Xogo que se practica sobre un taboleiro en que os participantes avanzan unhas fichas desde a saída tantas casiñas como puntos acaden con cada tirada de dados. Gaña o xogador que primeiro chegue con todas as fichas á casa central.

  2. s m

    Taboleiro do xogo do parchís.

Palabras veciñas

parcería parche parchear parchís parcial parcialidade parco -ca