antípoda
antípoda
lat antipōdes gr ἀ ντίποδες ‘antípoda’
-
adx
Que ocupa na Terra un punto diametralmente oposto verbo doutro. Tm s m.
-
adx
Que está nunha situación oposta a alguén ou algo. Tm s m, referido a persoas.
-
s
m pl
Parte da Terra situada no outro extremo do mesmo diámetro.
-
adx
[BOT ]
Aplícase ás células que, no saco embrionario das anxiospermas, están situadas no extremo oposto ao que ocupa a ovocélula. Tm s m.
-
s
m pl
Posición ou actitude totalmente oposta a outra.
-
antípoda óptico
[QUÍM ]
Cada unha das parellas de esteroisómeros ópticos que fan xirar o plano da luz polarizada plana en direccións contrarias dun mesmo ángulo determinado.
Confrontacións
antecosCitas
- Nova Zelanda está situada nos antípodas de Galicia