papel

papel

cat paper lat papy¯rus

Plural: papeis
    1. s

      Substancia feita con fibras vexetais adheridas entre elas que colle a forma de láminas finas.

    2. s

      Peza, folla ou anaco feito con pasta de papel.

    3. papel Biblia [GRÁF ]

      Papel moi fino, compacto e forte que se emprega en edicións de luxo.

    4. papel branco [IND ]

      Papel de cor branca onde non hai nada escrito nin impreso.

    5. papel carbón [GRÁF ]

      Papel impregnado por unha cara dunha mestura de alcohol, glicerina e un colorante, que se emprega para obter copias na máquina de escribir.

    6. papel cebola/de calcar/de calco [ARTE ]

      Papel moi transparente que permite reproducir debuxos.

    7. papel cuché [GRÁF ]

      Papel provisto dunha capa de estuco que lle confire impermeabilidade, moi satinado e vernizado, que se emprega para gravados ou fotogravados.

    8. papel de aluminio [IND ]

      Folla moi fina de aluminio, impermeable, que se emprega para envolver certos produtos, protexelos e conservalos.

    9. papel de arroz [IND ]

      Papel feito con medula da árbore da palma ou con canas de bambú.

    10. papel de estaño [IND ]

      Folla moi fina de estaño, impermeable, que se emprega para envolver certos produtos, principalmente para conservarlles a humidade ou ben para preservalos dela.

    11. papel de fumar [IND ]

      Papel fino, con cola nun bordo, que se emprega para liar os cigarros.

    12. papel de lixa [TECNOL ]

      Papel forte cunha cara cuberta de area ou esmeril encolado, que se emprega para lixar.

    13. papel de música [MÚS ]

      Papel que ten impresos pentagramas a distancias regulares, para escribir música nel.

    14. papel de seda/Manila [IND ]

      Papel moi fino, transparente e flexible, que semella o tecido de seda.

    15. papel estucado [GRÁF ]

      Papel provisto dunha camada de estuco que lle confire unha maior opacidade e impermeabilidade e que se emprega para gravados ou fotogravados de trama fina.

    16. papel hixiénico [IND ]

      Papel fino, estreito, disposto en forma de rolos ou de pregaduras, que se emprega para a hixiene persoal.

    17. papel milimetrado [GRÁF ]

      Papel que ten impresa unha cuadrícula de 1 mm de dimensión lateral e que se emprega para facer representacións a escala.

    18. papel pergamiño [GRÁF ]

      Papel de aspecto semellante ao pergamiño, que se emprega en edicións de luxo.

    19. papel pintado/de empapelar [IND ]

      Papel recuberto con pintura destinado a revestir os interiores das paredes das casas.

    20. papel secante [GRÁF ]

      Papel non encolado e groso que se emprega para secar a tinta dun escrito.

    21. papel térmico [TECNOL ]

      Papel recuberto dunha emulsión termosensible, que pasa a escuro tras unha radiación térmica localizada.

    22. papel termométrico [TECNOL ]

      Papel recuberto dunha emulsión termosensible que cambia de cor en función da temperatura.

    23. papel vexetal [GRÁF ]

      Papel sulfurado e calandrado en quente, de aspecto transparente e moi resistente, que se emprega para o debuxo.

    1. s

      Documento escrito ou impreso.

    2. s

      Documentos que proban a identidade dunha persoa, a validez dunha cousa ou unha autorización.

    3. s [ECON ]

      Documento negociable que representa un valor en diñeiro.

    4. s [ECON ]

      Conxunto de valores mobiliarios que se negocia nun mercado.

    5. papel do estado [DER ]

      Documentos que emite o Estado recoñecendo créditos a favor dos seus posuidores.

    6. papel moeda [ECON ]

      Billete de banco que se utiliza como medio de pagamento.

    7. papel timbrado/selado [DER ]

      Papel impreso co selo do Estado que se usa na redacción dalgúns documentos oficiais.

  1. s m

    Parte dunha obra dramática ou dunha película que representa un actor.

  2. s m

    Personaxe que representa un actor nunha obra dramática ou nunha película.

  3. s m

    Función que cumpre alguén ou algunha cousa.

  4. s m [PSIC ]

    Comportamento que, nunha sociedade determinada, se espera dunha persoa en relación coa súa posición ou estatus social.

Sinónimos

Citas

  • O seu papel é básico para as relacións cos clientes
  • Xa ten os papeis en regra

Frases feitas

  • Facer o papel. Aparentar ou finxir para conseguir algo.

  • Facer un bo papel. Cumprir algu

  • Sobre o papel. Na teor