panda

panda

voz nepalesa

Plural: pandas
  1. s m [ANIMAL ]

    Mamífero, da familia dos úrsidos, aínda que a súa posición filoxenética non está moi clara, que presenta o pelame branco manchado de negro arredor dos ollos, nas orellas, nas patas e en gran parte do abdome e do tronco, e cunha prolongación ósea que parece un sexto dedo que utiliza para comer bambú. OBS: Tamén se denonina panda xigante ou oso panda.

  2. panda menor [ANIMAL ]

    Mamífero, da familia dos úrsidos, aínda que a súa posición filoxenética non está moi clara, que presenta cor vermella con manchas brancas na cara e as orellas. Son arborícolas e a súa alimentación baséase no bambú.