paladio
paladio
lat palladiu gr Παλλάδιον ‘estatua da deusa Palas’
-
s
m
[QUÍM ]
Elemento metálico de transición que pertence ao grupo VIII da táboa periódica, de número atómico 46 e peso atómico 106,42. Presenta cor branca agrisada con brillo metálico, é dúctil e maleable, e emprégase como catalizador de hidroxenación en síntese orgánica e na industria eléctrica para contactos.
-
dicloruro de paladio
[QUÍM ]
Sólido pulverulento vermello escuro e delicuescente que é o produto de partida para a obtención de moitos outros compostos e complexos do paladio.
-
óxido de paladio(II)
[QUÍM ]
Sólido en forma de pos negros verdosos, que se reduce facilmente con hidróxeno e proporciona paladio con actividade catalítica.