ourizo

ourizo

lat ericĭu

Plural: ourizos
  1. s m [BOT ]

    Cuberta espiñenta que protexe as castañas.

  2. s m [ANIMAL ]

    Mamífero da familia dos erinaceidos, coa parte superior do corpo e os flancos recubertos de pugas, que cando se senten ameazados fan de si mesmos unha pelota, ameazando coas pugas ao atacante. Aliméntanse de froitos e pequenos invertebrados.

  3. s m [ANIMAL ]

    Animal da clase dos equinoideos, de corpo globuloso ou hemisférico, limitado por un dermatoesqueleto de placas mineralizadas unidas rixidamente entre elas, que ocupa a franxa costeira desde a zona intermareal ata profundidades de 80 m. OBS: Tamén se denomina ourizo de mar.

Sinónimos

Palabras veciñas

ouriza ourizada ourizame ourizo ouro ouropel ouropeso