oportunidade
oportunidade
lat opportunĭtāte
-
s
f
Calidade de oportuno.
-
s
f
Circunstancia ou ocasión favorable.
-
s
f
Produto a baixo prezo.
Citas
- Comprei o pantalón na sección de oportunidades
- Tivo a oportunidade de visitar Praga e non o pensou
Refráns
- A bo tempo chegamos, se non nos dan xostregazos.
- A ocasión chega, chama e foxe.
- A ocasión chega, chama e non espera.
- Ben sabe o demo a quen atenta e a besta a quen leva.
- Ben sabe o demo a quen procura e a besta a quen derruba.
- Bícame logo, que despois, ao mellor, non teño ganas ou non podo.
- Boa é a neve que no seu tempo aparece.
- Cada cousa no seu tempo.
- Cada cousa, no seu tempo; e os nabos, no Advento I polo Advento.
- Cando che dean a ovella, lévaa.
- Cando che deren a ovella, colle a corda e vai por ela.
- Cando che veña a ocasión, déixate de ser pasmón I babión.
- Cando dan a ovella, collela; que, se o que a dá recorda, non dá ovella nin dá corda.
- Cando pasan nabos, mercalos.
- Cando teñas ocasión, non te fagas o parvo.
- Fálame, en acabando, que estou merendando I xantando.
- Mentres non hai abrótegas non hai maragotas.
- Mentres tempo non vén, sazón non pasa.
- Non se fai fóra de tempo o que se fai no seu tempo.
- Ó bo día ábrelle a porta e ao malo enferróllalla.
- O mozo, por non saber, e o vello, por non poder, as ocasións deixan perder.
- O perder e o gañar, en tempo e lugar.
- Ó seu tempo vén o que Deus quere.
- O tempo que é do seu tempo, que chova, que trone, sempre é bo tempo.
- Quen en tempo foxe, con tempo acode.
- Quen vai á bodega e non bebe, boa vez perde.
- Se che dan a ovella, colle axiña a corda e vai por ela.
- Tódalas cousas teñen o seu como e o seu cando.
- Todos pican na tixola e eu picarei, se me deiXan, cando poida.