oportunidade

oportunidade

lat opportunĭtāte

Plural: oportunidades
  1. s f

    Calidade de oportuno.

  2. s f

    Circunstancia ou ocasión favorable.

  3. s f

    Produto a baixo prezo.

Citas

  • Comprei o pantalón na sección de oportunidades
  • Tivo a oportunidade de visitar Praga e non o pensou

Refranes

  • A bo tempo chegamos, se non nos dan xostregazos.
  • A ocasión chega, chama e foxe.
  • A ocasión chega, chama e non espera.
  • Ben sabe o demo a quen atenta e a besta a quen leva.
  • Ben sabe o demo a quen procura e a besta a quen derruba.
  • Bícame logo, que despois, ao mellor, non teño ganas ou non podo.
  • Boa é a neve que no seu tempo aparece.
  • Cada cousa no seu tempo.
  • Cada cousa, no seu tempo; e os nabos, no Advento I polo Advento.
  • Cando che dean a ovella, lévaa.
  • Cando che deren a ovella, colle a corda e vai por ela.
  • Cando che veña a ocasión, déixate de ser pasmón I babión.
  • Cando dan a ovella, collela; que, se o que a dá recorda, non dá ovella nin dá corda.
  • Cando pasan nabos, mercalos.
  • Cando teñas ocasión, non te fagas o parvo.
  • Fálame, en acabando, que estou merendando I xantando.
  • Mentres non hai abrótegas non hai maragotas.
  • Mentres tempo non vén, sazón non pasa.
  • Non se fai fóra de tempo o que se fai no seu tempo.
  • Ó bo día ábrelle a porta e ao malo enferróllalla.
  • O mozo, por non saber, e o vello, por non poder, as ocasións deixan perder.
  • O perder e o gañar, en tempo e lugar.
  • Ó seu tempo vén o que Deus quere.
  • O tempo que é do seu tempo, que chova, que trone, sempre é bo tempo.
  • Quen en tempo foxe, con tempo acode.
  • Quen vai á bodega e non bebe, boa vez perde.
  • Se che dan a ovella, colle axiña a corda e vai por ela.
  • Tódalas cousas teñen o seu como e o seu cando.
  • Todos pican na tixola e eu picarei, se me deiXan, cando poida.