opinión
opinión
lat opinĭōne
-
s
f
Xeito de xulgar ou pensar sobre algo ou alguén.
-
-
s
Concepto que se ten dunha cousa cuestionable.
-
s
[FILOS ]
Tipo de coñecemento entre a ciencia, o coñecemento propiamente verdadeiro, e a ignorancia, que implica un xuízo sobre a aparencia.
-
opinión pública
[SOCIOL ]
Estado de consciencia colectivo a que chega unha comunidade ante un feito-estímulo determinado, que tamén se interpreta como o estado de consciencia colectiva da comunidade.
-
opinión teolóxica
[RELIX ]
Doutrina teolóxica que non foi aceptada como dogma nin como artigo de fe e que non corresponde ao maxisterio eclesiástico, aínda que adoita ir ligada a algunha doutrina recoñecida oficialmente.
-
s
-
s
f
Concepto que se ten dunha persoa.
Citas
- A boa opinión que tiña del cambiou cando se negou a axudarme
- A túa opinión é tan válida como a miña
- Non teño unha opinión moi clara sobre ese tema
Refráns
- Cada cabeza, a súa sentencia.
- Cada un pensa de si o que eu penso de min e o que ti pensas de ti.
- Cada un ten o seu parecer cando é mester.
- Despois de comer e beber, cada un dá o seu parecer.
- Os homes xulgan mellor as cousas alleas cás súas mesmas.
- Tres mulleres, trinta pareceres.