opinión

opinión

lat opinĭōne

Plural: opinións
  1. s f

    Xeito de xulgar ou pensar sobre algo ou alguén.

    1. s

      Concepto que se ten dunha cousa cuestionable.

    2. s [FILOS ]

      Tipo de coñecemento entre a ciencia, o coñecemento propiamente verdadeiro, e a ignorancia, que implica un xuízo sobre a aparencia.

    3. opinión pública [SOCIOL ]

      Estado de consciencia colectivo a que chega unha comunidade ante un feito-estímulo determinado, que tamén se interpreta como o estado de consciencia colectiva da comunidade.

    4. opinión teolóxica [RELIX ]

      Doutrina teolóxica que non foi aceptada como dogma nin como artigo de fe e que non corresponde ao maxisterio eclesiástico, aínda que adoita ir ligada a algunha doutrina recoñecida oficialmente.

  2. s f

    Concepto que se ten dunha persoa.

Citas

  • A boa opinión que tiña del cambiou cando se negou a axudarme
  • A túa opinión é tan válida como a miña
  • Non teño unha opinión moi clara sobre ese tema

Refranes

  • Cada cabeza, a súa sentencia.
  • Cada un pensa de si o que eu penso de min e o que ti pensas de ti.
  • Cada un ten o seu parecer cando é mester.
  • Despois de comer e beber, cada un dá o seu parecer.
  • Os homes xulgan mellor as cousas alleas cás súas mesmas.
  • Tres mulleres, trinta pareceres.

Palabras vecinas

opinábel opinable opinar opinión opio opiófago -ga opiofaxia