operación

operación

lat operatĭōne

Plural: operacións
  1. s f

    Acción e efecto de operar.

  2. s f

    Acción que implica a aplicación dun principio ou unha regra, especialmente como parte dunha serie de accións ou dun plan.

  3. s f [MED ]

    Intervención directa sobre certas partes do corpo danadas co fin de eliminalas total ou parcialmente, facerlles algunha corrección ou substituílas por outras artificiais ou procedentes doutras persoas.

  4. s f [ECON ]

    Transacción comercial, sexa de funcionamento xeral (operación bancaria) ou estritamente especulativa (operación de bolsa).

    1. operación inversa

      Aplicación que, en certas operacións, dado un resultado e un dos factores, fai corresponder o outro factor.

    2. operación lóxica

      Operación non aritmética que constitúe a base técnica da lóxica electrónica. Son a negación ou complemento (operación NON), a intersección, conxunción ou produto lóxico (operación E), e a reunión, unión ou suma lóxica (operación OU, tamén chamada OU inclusivo).

    3. operación ternaria

      Operación entre tres elementos.

    4. operación unívoca

      Operación que conduce a un único resultado.

    5. s

      Aplicación do produto cartesiano de dous conxuntos noutro conxunto.

    6. operación aritmética

      Suma, resta, multiplicación ou división.

    7. operación binaria

      Operación entre dous elementos.

    8. operación directa

      Aplícase á adición, á multiplicación, á potenciación e á derivación cando son consideradas en relación ás súas inversas respectivas, a subtracción, a división, a radicación e a integración.

  5. s f [BÉL ]

    Conxunto de accións militares que levan a cabo diversas unidades militares para cumprir cunha finalidade determinada, de acordo cun plan establecido previamente.

  6. s f [INFORM ]

    Calquera acción ben definida, en especial a obtención dunha información a partir dun ou máis datos.

  7. operación de simetría [FÍS/XEOL ]

    Movemento que, aplicado a unha figura ou corpo, fai que este quede nunha posición que non pode ser distinguida da posición orixinal.