omisión

omisión

lat omissĭōne

Plural: omisións
  1. s f

    Acción e efecto de omitir.

  2. s f

    Cousa omitida.

    1. s

      Delito ou falta que consiste en deixar de facer dolosamente ou con culpa aquilo que se debe facer por lei. A infracción debe estar prevista e penada por unha lei penal.

    2. omisión de socorro

      Delito que consiste en non auxiliar a unha persoa desamparada que se atopa en grave e manifesto perigo, cando se pode facer sen risco propio.

  3. pecado de omisión [RELIX ]

    Transgresión moralmente imputable que consiste en deixar de facer o que é debido.

Confrontacións

lagoa

Palabras veciñas

ominoso -sa omisíbel omisible omisión omiso -sa omitir omni-