lagoa

lagoa

lat lacūna

Plural: lagoas
  1. s f [XEOG ]

    Extensión de auga que ocupa unha depresión do terreo, de menor dimensión ca un lago.

  2. s f
    1. Omisión, interrupción ou espazo baleiro na continuidade de algo, especialmente nun texto escrito.

    2. Cousa que non se recorda ou se descoñece.

  3. lagoa legal/da lei [DER ]

    Falta de regulación que se produce cando o ordenamento xurídico no seu conxunto non achega ningunha regulación a unha determinada situación de feito.

  4. lagoa do dereito [DER ]

    Falta de regulación legal que se produce cando o conxunto de normas de carácter legal non achega ningunha regulación a unha determinada situación de feito.

Citas

  • A avoa ten moitas lagoas da súa infancia, A historia dos primeiros poboadores ten moitas lagoas

Refráns

  • Non bebas na lagoa nin cuspas máis dunha "aceitona".