olímpico -ca

olímpico -ca
Plural: olímpicos Masculino: olímpico Masculino plural: olímpicos Feminino: olímpica Feminino plural: olímpicas
  1. adx [MIT ]

    Relativo ou pertencente ao monte Olimpo ou aos deuses que o habitaban.

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos xogos olímpicos.

    2. [HIST ]

      Relativo ou pertencente á cidade de Olimpia e aos xogos e festas que alí se celebraban.

    3. xogos olímpicos

      Competición universal de xogos atléticos que, desde 1896, ten lugar cada catro anos nunha cidade que se escolle para ese fin, e na que participan deportistas, polo xeral, non profesionais, e que teñen a súa orixe nas festas relixiosas, culturais e deportivas celebradas cada catro anos na antiga cidade de Olimpia (776-393 a C), nas que competían persoas de toda Grecia e das colonias de Occidente e de Oriente.

    4. xogos olímpicos de inverno

      Competición universal de deportes de neve, organizada desde 1905 polos países escandinavos como Xogos Nórdicos, que foi recoñecida como olímpica a partir de 1924.

  2. adx fig

    Que expresa soberbia.

Palabras veciñas

oligoxeno -na oliguria olimpíada olímpico -ca olimpismo olimpo olisterozona