olímpico -ca
-
adx
[MIT ]
Relativo ou pertencente ao monte Olimpo ou aos deuses que o habitaban.
-
-
adx
Relativo ou pertencente aos xogos olímpicos.
-
[HIST ]
Relativo ou pertencente á cidade de Olimpia e aos xogos e festas que alí se celebraban.
-
xogos olímpicos
Competición universal de xogos atléticos que, desde 1896, ten lugar cada catro anos nunha cidade que se escolle para ese fin, e na que participan deportistas, polo xeral, non profesionais, e que teñen a súa orixe nas festas relixiosas, culturais e deportivas celebradas cada catro anos na antiga cidade de Olimpia (776-393 a C), nas que competían persoas de toda Grecia e das colonias de Occidente e de Oriente.
-
xogos olímpicos de inverno
Competición universal de deportes de neve, organizada desde 1905 polos países escandinavos como Xogos Nórdicos, que foi recoñecida como olímpica a partir de 1924.
-
adx
-
adx
fig
Que expresa soberbia.