oficio
oficio
lat officĭu
-
s
m
Profesión ou actividade laboral que desenvolve unha persoa.
-
s
m
Comunicado que se fai por escrito e que provén dunha autoridade ou dun organismo estatal.
-
s
m
Función que desempeña unha cousa.
-
-
s
Misa maior ou cantada.
-
s
Conxunto de funcións relixiosas de festividades sinaladas.
-
oficio divino
Celebración da pregaria cristiá, establecida para diferentes momentos da xornada, que desde a reforma litúrxica do Concilio Vaticano II se denomina liturxia das horas.
-
oficio eclesiástico
Cargo constituído establemente por dereito divino ou eclesiástico que fai partícipe do poder da orde ou de xurisdición dentro da Igrexa.
-
pequeno oficio
Forma abreviada do oficio divino, en honra sobre todo da Nai de Deus.
-
s
-
s
m
[RELIX ]
Nome dado a un tribunal eclesiástico.
-
s
m
[DER ]
Comunicación entre funcionarios e autoridades de diferentes ordes.
Citas
- Antón sempre traballou no seu oficio, o de carpinteiro
- As clases de lingua teñen o oficio de ensinarnos a falar e a expresarnos mellor
- O oficio de tallador é un dos máis complicados, esixe moita paciencia
- O xulgado de Santiago mandou un oficio a todos os concellos que son da súa competencia
Refráns
- Abella e ovella e pedra que trebella.
- Bo oficio é o que mantén a quen o ten.
- Home de moitos oficios, pouca ganancia.
- Muller costureira e home troiteiro; nin boa meda nin bo palleiro.
- Nin muíño sen rodicio, nin home sen oficio.
- No verán faite taberneira e no inverno panadeira.
- O boi, para arar; o paxaro, para voar; o peixe, para nadar; e o home, para traballar.
- O boi, para arar; o paxaro, para voar; o peixe, para nadar; e o home, para traballar.
- O caldeireiro do ferro fai diñeiro.
- Ó que ha morrer ás escuras non lle importa ser cereiro.
- O tendeiro, que o seu trato non entenda, que cerre a tenda ou que a venda.
- Oficio de concello é honra sen prdveito.
- Oficio que non dá de comer ao seu amo, non vale un ichavo.
- Para muiñeiro, fomeiro e hortelán non hai ano sen pan.
- Quen queira ter un fillo pillo, que o meta a monaguillo.
- Quen ten oficio non morre de fame.
- Quen ten oficio ten beneficio para o seu servicio.
- Quen ten oficio ten beneficio.
- ¿Que oficio tedes? -Este que vedes.