oficio

oficio

lat officĭu

Plural: oficios
  1. s m

    Profesión ou actividade laboral que desenvolve unha persoa.

  2. s m

    Comunicado que se fai por escrito e que provén dunha autoridade ou dun organismo estatal.

  3. s m

    Función que desempeña unha cousa.

    1. s

      Misa maior ou cantada.

    2. s

      Conxunto de funcións relixiosas de festividades sinaladas.

    3. oficio divino

      Celebración da pregaria cristiá, establecida para diferentes momentos da xornada, que desde a reforma litúrxica do Concilio Vaticano II se denomina liturxia das horas.

    4. oficio eclesiástico

      Cargo constituído establemente por dereito divino ou eclesiástico que fai partícipe do poder da orde ou de xurisdición dentro da Igrexa.

    5. pequeno oficio

      Forma abreviada do oficio divino, en honra sobre todo da Nai de Deus.

  4. s m [RELIX ]

    Nome dado a un tribunal eclesiástico.

  5. s m [DER ]

    Comunicación entre funcionarios e autoridades de diferentes ordes.

Citas

  • Antón sempre traballou no seu oficio, o de carpinteiro
  • As clases de lingua teñen o oficio de ensinarnos a falar e a expresarnos mellor
  • O oficio de tallador é un dos máis complicados, esixe moita paciencia
  • O xulgado de Santiago mandou un oficio a todos os concellos que son da súa competencia

Refranes

  • Abella e ovella e pedra que trebella.
  • Bo oficio é o que mantén a quen o ten.
  • Home de moitos oficios, pouca ganancia.
  • Muller costureira e home troiteiro; nin boa meda nin bo palleiro.
  • Nin muíño sen rodicio, nin home sen oficio.
  • No verán faite taberneira e no inverno panadeira.
  • O boi, para arar; o paxaro, para voar; o peixe, para nadar; e o home, para traballar.
  • O boi, para arar; o paxaro, para voar; o peixe, para nadar; e o home, para traballar.
  • O caldeireiro do ferro fai diñeiro.
  • Ó que ha morrer ás escuras non lle importa ser cereiro.
  • O tendeiro, que o seu trato non entenda, que cerre a tenda ou que a venda.
  • Oficio de concello é honra sen prdveito.
  • Oficio que non dá de comer ao seu amo, non vale un ichavo.
  • Para muiñeiro, fomeiro e hortelán non hai ano sen pan.
  • Quen queira ter un fillo pillo, que o meta a monaguillo.
  • Quen ten oficio non morre de fame.
  • Quen ten oficio ten beneficio para o seu servicio.
  • Quen ten oficio ten beneficio.
  • ¿Que oficio tedes? -Este que vedes.