obriga

obriga

obrigar

Plural: obrigas
  1. s f

    Feito de estar unha persoa obrigada a facer algo.

  2. s f

    Aquilo que unha persoa está obrigada a facer.

  3. s f

    Favor que se debe.

  4. s f

    Compromiso de pagar unha suma determinada.

  5. s f

    Escrito en virtude do que unha persoa pode esixir algo a outra.

  6. s f
    1. Deber xurídico de calquera clase.

    2. Situación xurídica en que o acredor ten dereito de crédito.

  7. s f [DER/ECON ]

    Título que representa unha parte do capital que pide prestado unha sociedade financeira, industrial ou comercial.

Sinónimos

Citas

  • A policía ten a obriga de velar pola seguridade cidadá
  • Ten moitas obrigas pendentes cos seus amigos
  • Teño que cumprir coas miñas obrigas como presidente

Refráns

  • Cousa que se fixo por forza, non se ten por cousa boa.
  • Has facer o que debes e non o que queres.
  • O boi turra do arado, mais non é do seu agrado.