obreiro -ra
obreiro -ra
lat operarĭu
-
adx
Relativo ou pertencente aos obreiros.
-
-
s
Persoa que traballa nun oficio manual en calidade de asalariado.
-
obreiro especializado/especialista
[ECON ]
Obreiro que executa operacións que non requiren o coñecemento do oficio, pero si un período de prácticas e de adaptación.
-
obreiro cualificado
[ECON ]
Obreiro que, despois de pasar un período de proba, executa unha tarefa para a que precisa un certificado de aptitude profesional semellante ao que se require para o coñecemento dun oficio.
-
s
-
s
m
[HIST/DER ]
Persoa que tiña ao seu cargo a administración ou a obra dunha parroquia, unha confraría ou outra institución relixiosa ou benéfica.
Refráns
- O esqueiro na man do obreiro é un bo compañeiro.
- Sol posto, obreiro solto.
- Súa o traballador, para o que non é suador.