nominativo
nominativo
Plural:
nominativos
-
adx
[ECON ]
Aplícase ao título, efecto comercial ou valor mobiliario en que consta o nome da persoa ou a entidade a favor da que se estenden, en oposición a aqueles en que o posuidor é indeterminado.
-
s
m
[LING ]
Caso que expresa a función gramatical do suxeito. É denominado tamén caso recto, por oposición aos oblicuos, que exercen outras funcións complementarias na oración.