nómina

nómina

lat nomĭna, pl de nomĭne ‘nome’

Plural: nóminas
  1. s f

    Listaxe de persoas que traballan nunha empresa e perciben un soldo.

  2. s f

    Documento dunha empresa en que se especifica a retribución que corresponde a cada traballador segundo categorías e conceptos.

  3. s f

    Retribución económica que o traballador recibe cada mes.

Confrontacións

salario, soldo

Citas

  • A empresa creceu tanto que xa teñen máis de cen traballadores en nómina
  • A nómina de futbolistas galegos en primeira división non é tan ampla como hai algúns anos
  • Ingresáronlle a nómina o luns e o martes xa pagara todo o que debía
  • Para poder cobrar o paro tivo que presentar as nóminas dos últimos meses traballados