murmuración

murmuración

lat murmuratiōne

Plural: murmuracións
s f

Acción de murmurar.

Sinónimos

Refráns

  • A caca límpase na casa e non se timpa na praza.
  • A conducta do home honrado anda moitas veces na boca do malo.
  • A mal dicir non hai casa forte.
  • Á merda bótalle terra, para que non feda.
  • A murmuración pasa e o diñeiro queda na casa.
  • Andar en linguas, andar en minguas.
  • Antes di, que digan de ti.
  • As linguas malas, tesoiras para cortalas.
  • As malas palabras a moitos danan.
  • Cada un meta a man non seu seo e deixe en paz o alIeo.
  • Cada un ve a palla no ollo do seu veciño e non ve a viga no propio.
  • Cala e calemos, que todos que calar temoso
  • Calar e calemos, que, pouco máis ou menos, algo que calar todos temoso
  • Cando din, algo hai.
  • Cando o río soa, auga leva.
  • Casa convidada, murmuradada e aldraxada.
  • Casada, de vós din mal -¡Que digan, que xa calarán/xa cansarán!
  • Dicir, que digan, que tamén de Deus dixeron.
  • Diga a miña veciña e teña o meu fol fariña.
  • Digan, que de Deus dixeron e despois aínda o mataron.
  • Dos meus déixame dicir mais non me fagas oír.
  • Fale a míña veciña e teña o meu fol fariña.
  • Indo por camiño, non murmures do teu amigo.
  • Lingua murmuradora nunca falta e sempre sobra.
  • Mellor sanan as chagas cás feridas das malas palabras.
  • Mete a man no seo: non dirás do fado alIeo.
  • Mirádesme o que bebo e non sabedes a sede que teño.
  • Ninguén diga de ninguén, para que non diga del alguén.
  • Non digas mal de ninguén e non te enganarás.
  • Non ha de falar, o que ten por que calar.
  • Non habería murmuradores, se non houbera escoitadores.
  • Non hai veciño peor có murmurador.
  • O mal que da túa boca sae no teu seo cae.
  • Ó que fere coa boca, curar con ela lle toca.
  • O que-dirán logo pasa e o diñeiro queda na casa.
  • Oe os seus defectos o que non cala os alleos.
  • Onde moitos cospen, lama fan.
  • Os con tos da feira que van para o mercado teñen moito camiño andado.
  • Quen ten a lingua aguda, que teña a costela dura.
  • Quen ten filla solteira non diga da allea.
  • Quen teña fillo varón non lle chame a outro ladrón.
  • Saben todos o que bebo, pero non saben a sede que teño.
  • Se non queres que diga mal de ti, non digas ti mal de mino
  • Tóquenlle as carouceiras a quen diga mal de Moreiras.
  • Un nisco de murmuración é gracia da conversación.
  • Unha mala palabra é coma unha coitelada.
  • Unha mala palabra non racha a roupa pero esgaza a alma.
  • Vai a palabra de boca en boca coma o vento de folla en folla.
  • Ve a veciña a faÍsca na casa allea e non mira para a súa que se lle queima.
  • Vémo-Ia palla no ollo de outro e non vémo-Ia viga no noso.