murmuración
murmuración
lat murmuratiōne
s
f
Acción de murmurar.
Sinónimos
Refranes
- A caca límpase na casa e non se timpa na praza.
- A conducta do home honrado anda moitas veces na boca do malo.
- A mal dicir non hai casa forte.
- Á merda bótalle terra, para que non feda.
- A murmuración pasa e o diñeiro queda na casa.
- Andar en linguas, andar en minguas.
- Antes di, que digan de ti.
- As linguas malas, tesoiras para cortalas.
- As malas palabras a moitos danan.
- Cada un meta a man non seu seo e deixe en paz o alIeo.
- Cada un ve a palla no ollo do seu veciño e non ve a viga no propio.
- Cala e calemos, que todos que calar temoso
- Calar e calemos, que, pouco máis ou menos, algo que calar todos temoso
- Cando din, algo hai.
- Cando o río soa, auga leva.
- Casa convidada, murmuradada e aldraxada.
- Casada, de vós din mal -¡Que digan, que xa calarán/xa cansarán!
- Dicir, que digan, que tamén de Deus dixeron.
- Diga a miña veciña e teña o meu fol fariña.
- Digan, que de Deus dixeron e despois aínda o mataron.
- Dos meus déixame dicir mais non me fagas oír.
- Fale a míña veciña e teña o meu fol fariña.
- Indo por camiño, non murmures do teu amigo.
- Lingua murmuradora nunca falta e sempre sobra.
- Mellor sanan as chagas cás feridas das malas palabras.
- Mete a man no seo: non dirás do fado alIeo.
- Mirádesme o que bebo e non sabedes a sede que teño.
- Ninguén diga de ninguén, para que non diga del alguén.
- Non digas mal de ninguén e non te enganarás.
- Non ha de falar, o que ten por que calar.
- Non habería murmuradores, se non houbera escoitadores.
- Non hai veciño peor có murmurador.
- O mal que da túa boca sae no teu seo cae.
- Ó que fere coa boca, curar con ela lle toca.
- O que-dirán logo pasa e o diñeiro queda na casa.
- Oe os seus defectos o que non cala os alleos.
- Onde moitos cospen, lama fan.
- Os con tos da feira que van para o mercado teñen moito camiño andado.
- Quen ten a lingua aguda, que teña a costela dura.
- Quen ten filla solteira non diga da allea.
- Quen teña fillo varón non lle chame a outro ladrón.
- Saben todos o que bebo, pero non saben a sede que teño.
- Se non queres que diga mal de ti, non digas ti mal de mino
- Tóquenlle as carouceiras a quen diga mal de Moreiras.
- Un nisco de murmuración é gracia da conversación.
- Unha mala palabra é coma unha coitelada.
- Unha mala palabra non racha a roupa pero esgaza a alma.
- Vai a palabra de boca en boca coma o vento de folla en folla.
- Ve a veciña a faÍsca na casa allea e non mira para a súa que se lle queima.
- Vémo-Ia palla no ollo de outro e non vémo-Ia viga no noso.