mundo

mundo

lat mundu

Plural: mundos
  1. s m

    Conxunto que engloba os seres e as cousas, en contraposición ao divino.

  2. s m

    Planeta Terra.

  3. s m

    Lugar onde se desenvolve a vida e as súas actividades.

  4. s m

    Territorio ou ambiente que resulta estraño.

  5. s m

    Conxunto de todos os homes que conforman o xénero humano.

  6. s m

    Parte da sociedade humana caracterizada por algunha calidade común a todos eses individuos.

  7. s m

    Experiencia que adquire unha persoa ao tratar co resto dos individuos.

  8. s m
    1. Aquilo que concerne aos intereses terreais, en oposición ás cousas do espírito.

    2. Un dos tres inimigos da alma segundo o catecismo tradicional, entendido como a representación das delicias e as vaidades terreais.

  9. primeiro mundo [ECON ]

    Conxunto de países de desenvolvemento económico elevado.

  10. terceiro mundo [ECON ]

    Conxunto de países subdesenvolvidos.

  11. vello mundo [XEOG/HIST ]

    Conxunto dos territorios coñecidos antes do descubrimento de América, formado por Europa, Asia e parte de África.

Sinónimos

Confrontacións

orbe, universo

Frases feitas

  • Ter/De mundo. Ser moi experimentado. Ex:

  • Un mundo de. Moit

Refráns

  • Canto o mundo traballa e procura, todo é loucura.
  • Deixémo-Io mundo como está, que el se gobernará.
  • Deus e o mundo non poden andar xuntos.
  • Este mundo aquí ha quedar e nós habémonos de ir.
  • Este mundo aquí ha quedar, porque ninguén o ha levar.
  • Este mundo é redondo e quen non o sabe andar ten leria abondo.
  • Este mundo é un bandallo; chove nel coma fóra.
  • Este mundo é un fandango e o que non o baila é un parvo/un tolo.
  • Este mundo é unha gaiola de loucos: uns por moito e outros por pouco.
  • Mundo malo, mellor para deixalo que para cobizalo.
  • Neste mundo fondo hai bágoas e choros abondo.
  • Neste mundo redondo, o que non sabe nadar vai ao fondo.
  • O mundo darache o pago, que para iso é bo pagador.
  • O mundo e o pecado non dan bo bocado.
  • Quen no mundo ña, camiña sen guía.
  • Uns por terra e outros por mar, o mundo anda a trafegar.