muller

muller

lat mulĭēre

Plural: mulleres
  1. s f

    Ser humano de sexo feminino.

  2. s f

    Individuo adulto de sexo feminino.

  3. s f [DER ]

    Dona, en relación ao marido, dentro do matrimonio civil ou canónico.

Confrontaciones

señora

Citas

  • Era moi muller
  • Era unha muller de letras, culta e educada
  • Esperou pola súa muller para ir xantar
  • Tivo tres fillos, e dúas eran mulleres
  • Xa es unha muller para tomar as túas decisións

Refranes

  • A ama brava é a chave da casa.
  • A boa moza é coma a pera acelmosa, que, ende coméndoa, dá gana doutra.
  • A boa muller de tarde en tarde na rúa déixase ver.
  • A boa muller nin ha de oír nin ha de ver.
  • A boa muller sen fama: nin boa nin mala.
  • A boa muller, a casa sábea encher.
  • A casada ben composta quita o seu home doutra porta.
  • A dona na rúa, composta; na igrexa, devota; no lar, facendosa; na casa, mañosa; no estrado, señora; na festa, modosa; e na cama, xeitosa e graciosa.
  • A dona que é composta, se non fai o mandado, non dá mala resposta.
  • A dona quere ser rogada e non obrigada nin forzada.
  • A dona traballadora non quere home lacazán/folgazán.
  • A dona, na casa; o home, no traballo.
  • A honra da muller moito coidadiño quer.
  • A honra da muller non se lle debe chincar tan xiquer.
  • A leña e a muller, cantos máis anos, máis arder.
  • A llngua da muller di todo o que quer e o que non quer.
  • A loba e a muller son iguais no escoller.
  • A mal aliñada, primeiro abre a porta que fai a cama.
  • A moza á beira do mozo requere a nai preto dela.
  • Á moza andadeira crebarlle a perna.
  • A moza da vila, casa porca e porta varrida.
  • Á moza larpeiriña non hai para que seguila.
  • Á moza louca máis lle agrada o pandeiro cá touca.
  • Á moza mala, a campá a chama; e á mala mala, nin a campá nin nada.
  • A moza para a festa, e para a casa a besta.
  • A moza quere o espello porque lle dá consello.
  • A moza risoña ben deixa ver que quere ser dona.
  • A moza trouleira, súa nai á beira.
  • A mozo galán, ter a filla da man o
  • A muller á "ventana" perde máis que gaña.
  • A muller afeitada víralle a cara.
  • A muller aliñada, antes de se vestir, fai a cama.
  • A muller aseada, o berce feito e ela peiteada, tan logo está levantada.
  • A muller bailar e ao burro ornear, o diaño debeullo ensinar.
  • A muller barbada unha fai e outra garda.
  • A muller barbuda de lonxe a saúda.
  • A muller boa é a que non soa.
  • A muller brava dálle corda larga.
  • A muller casada e honrada, a perna crebada para que non saia da casa.
  • A muller composta o seu home arreda doutra porta.
  • A muller de bo aliño cría, fía, devana e vende o liño.
  • A muller de bo recaudo enche a casa ata o tellado.
  • A muller descaseirada non fai boa casada.
  • A muller do cego ¿para quen se compón?
  • A muller do escudeiro, bulsa grande e pouco diñeiro.
  • A muller do pastor pola noite se compón.
  • A muller e a besta a ninguén se empresta.
  • A muller e a cabra é mala, sendo fraca.
  • A muller e a cabra, a pata crebada.
  • Á muller e á cabra, corda larga.
  • A muller e a gaivota, canto máis vella, máis tola.
  • Á muller e á galiña tórcelle o pescozo: verás como queda mansiña.
  • A muller e a galiña, na casa con día.
  • A muller e a galiña, pequeniña.
  • A muller e a galiña, por andar, pérdese axiña.
  • A muller e a laranxa non se han apretar moito, porque amargan.
  • A muller e a loba do máis feo se namoran.
  • A muller e a moeda non gusta de estar queda.
  • Á muller e á mula pola boca éntralle-la fermosura.
  • A muller e a ovella, con día na cortella.
  • A muller é a primeira le ira que pola mañá ve o labrego.
  • A muller e a sardiña, na cociña.
  • A muller e a sardiña, pequeniña/e escanchadiña.
  • Á muller e á sogra dálles corda.
  • A muller e a troita préndese pola boca.
  • A muller e a viña dan ao home alegría.
  • A muller e a viña faina o home garrida.
  • A muller é antoxadiza e a cabra espantadiza.
  • Á muller e ao can o pau nunha man e noutra man o pan.
  • A muller e ao carniceiro médralle-Ia carne na mano
  • A muller é fogo; o home estopa: vén o demo e sopra.
  • A muller e o muíño queren uso continuo.
  • A muller e o neno só calan o que non souberon.
  • A muller e o ouro pódeno todo.
  • A muller e o raposo, se perden a mañá, perden o día todo.
  • A muller e o vidro sempre están en perigo.
  • A muller e o viño sacan o home de tino.
  • A muller é.coma o melón: se é boa, non hai cousa mellor; se é mala, non a hai peor.
  • A muller facendosa ten o pe no berce e as mans na roca.
  • A muller fai o home.
  • A muller fermosa quítalle o nome ao seu home.
  • Á muller festeira créballe a perna.
  • A muller gambemeira, de festa en festa e de feira en feira.
  • A muller gobernadora arrola o neno e fía na roca.
  • A muller honesta, cando fai algo na casa, está na súa festa.
  • A muller honrada, a perna crebada e na casa.
  • A muller honrada, coa porta pechada.
  • A muller limpa e composta o seu bome quita doutra porta.
  • Á muller louca máis lle gusta o pandeiro cá touca.
  • A muller máis asisada ou sabe moito ou non sabe nada.
  • A muller mala, non enfadala.
  • A muller moza e viúva soila pouco dura.
  • A muller na igrexa, santa; e na rúa, cabra.
  • A muller na súa casa e descalza.
  • A muller na súa casa nada lle pasa.
  • A muller non dala a ver.
  • A muller pequeniña sempre é mociña.
  • A muller que é coidadosa deixa a gaita e colle a roca.
  • A muller que máis sabe, máis precisa que a garden.
  • A muller que moito mira, pouco fía.
  • A muller que moito se mira á cara, pouco atende a casa.
  • Á muller que non ha ser tola búlanlle as mans e cálelle a boca.
  • A muller que non sabe cociñar é coma gata que non sabe ratear.
  • A muller que pouco fía sempre trae rufn camisa.
  • A muller quince la xa non ten aquela.
  • A muller sempre algo ha querer.
  • A muller sempre erra no escoller.
  • A muller sen mestre sabe mentir e chorar.
  • A muller tola e a camisa rota logo saen á porta.
  • A muller ventaneira busca quen barata a queira.
  • Á muller, ao cabalo e á mula pola boca lles entra a fermosura.
  • A muller, caseira; e non paroleira.
  • A muller, por moito que a garden, non está mellor gardada.
  • A negra co frío non vale un figo; a branca coa xeada, nin figo nin nada.
  • A que quere ser mala, pouco aproveita gardala.
  • Algo ha face-Ia muller, para branca ou roiba ser.
  • Ama con amigo non a teñas na túa casa nin na do teu veciño.
  • Amasade, panadeiras, que miña nai quere un pan.
  • Amor de muller e aloumiño de can, non dan se non lle dan.
  • Antes abre a porta, que fai a cama, a muller mal amañada.
  • Antes deixará o reiseñor de cantar, que a muller de parolar e chorar.
  • As mulleres onde están, sobran; e onde non están, boa falta fan.
  • As mulleres sempre escollen o peor.
  • As mulleres, ou matalas ou deixalas.
  • Ás nove: ¡Déitate, home!. Ás dez: Muller ¿ti vés?
  • As que ao muíño van, se son bonitas, logo as moerán.
  • As romarías e ás vodas van as loucas todas.
  • Ben está a porta pechada e a dona dentro da casa.
  • Cal é a ama, tal anda a casa.
  • Cando a muller merca moito, o seu home vende pronto.
  • Cando fores ao mesón, que a mesoneira sexa a túa parenta e o mesoneiro non.
  • Canto máis chore a muller, menos dó se lle ha ter.
  • Cartas e mulleres van a quen queren.
  • Casa de donas sen escudeiro é coma fogos sen trasfogueiro.
  • Casa sen muller nunca rica pode ser.
  • Catro efes ten miña tía: fea, fraca, froxa e fría.
  • Catro mulleres, catrocentos pareceres.
  • Coa mala xanta e coa boa ten baralla.
  • Coa muller e co diñeiro non te mofes, compañeiro.
  • Como a muller sen vergonza, así é a árbore sen codia.
  • Con media muller abonda.
  • Con mulleres entrarás, cando quixeres, e sairás, cando poideres.
  • Condición é de mulleres despreciar o que lle deres e morrer polo que lle negues.
  • Da muller e do mar non hai que fiar.
  • Dáme a moza vestida, que eu cha darei belida.
  • De muller que sabe latín, e mula que fai ¡hin!, arrenega ata a fin.
  • De noite non hai muller fea.
  • Dor de muller morta dura ata a porta.
  • Entre o si e o non das mulleres, non cabe a punta dun alfinete.
  • Entre santa e santo, parede de cal e canto.
  • Entre santa e santo, un carro de canto.
  • Este labor leito vai -dixo o que enterraba a muller.
  • Gardar ben unha muller, non pode ser.
  • Líbrate de dianteira de viúva e de traseira de mula.
  • Máis quero moza feita que moza desfeita.
  • Mal anda a casa onde a roca manda na aixada.
  • Mans brancas non ofenden pero mancan.
  • Media moza está na tenda e outra media anda de xeira.
  • Mellor é de vista que de lista.
  • Moza boa boa é.
  • Moza de Deza e vaca da Ulla, de cento unha.
  • Moza garrida, ou ben gañada ou ben perdida.
  • Moza que a moitos fai cara é unha maula.
  • Moza que a moitos fai cara, podes gardala.
  • Moza que de si n o n toma é porta de tara be lo/sen tarabelo.
  • Mozas tolas e por casar é mal gando de gardar.
  • Mula que fai ¡hin! e muller que charla latín, non se fixeron para mino
  • Muller boa e honrada é a que coida a súa casa.
  • Muller caseira, a filla primeira.
  • Muller composta na rúa posta a todo o malo está disposta.
  • Muller do cego que se compón moito, non se compón para que a vexan outros.
  • Muller fiadeira fai boa casadeira.
  • Muller fiandeira e lareteira, mellor na casa que na eira.
  • Muller goberneira cría o seu fillo e fía a súa tea.
  • Muller lareteira, para quen a queira.
  • Muller morta, sete á porta.
  • Muller moza e con coche na facenda fai esmoche.
  • Muller que asubía e fía de pe, nunca boa é.
  • Muller que corre, seguida quere ser.
  • Muller que de si non toma, é porta sen tarabelo.
  • Muller que moito bebe, tarde paga o que debe.
  • Muller que moito fala, ao mellor desbarra.
  • Muller que sabe latín, non serve para mino
  • Muller que ten bigote pode máis có home.
  • Muller tapada esconderse quere.
  • Muller ventaneira ¡fuxe dela á carreira!
  • Muller, vento e ventura logo se mudan.
  • Mulleres á eira e viño en coeira.
  • Mulleres e viño sacan o home do bo camiño.
  • Na casa da muller rica ela é a que rosma, latrica e replica.
  • Na casa da muller rica o home cala e ela repica.
  • Na casa sen muller ¿que gobemo pode haber?
  • Nena que de si non toma é porta sen tarabelo.
  • Nin moza sen amor nin vello sen dar.
  • Nin moza sen espello nin vello sen consello.
  • No andar e no haber coñecese a muller.
  • No inverno, forneira; no verán, taberneira.
  • Non é brava a muller que cabe na casa.
  • Non hai moza ben gardada, se ela se non quere gardar.
  • Non hai vella da cintura para abaixo.
  • Non rogues cama á muller, que non hai mester.
  • Ó can que mexar e a muller que falar, nunca lles ha faltar.
  • O choro de muller non sempre se pode crer.
  • O home é fogo, a muller estopa: vén o diaño e sopra.
  • O home é lume e a muller é estopa: vén o demo e sopra.
  • Ó horne de rnáis saber, unha rnuller bótao a perder.
  • O máis sisudo varón, a muller bótao ao fondón.
  • O pe no berce e as mans na roca: así fai a muller facendosa.
  • O que calza alpargatas e de mulleres fai caso non axuntará diñeiro e sempre andará descalzo.
  • O que non alcanzan barbas, consígueno faldras.
  • O que non ten muller, moitos ollos ha mester para garda-Io seu haber.
  • O que queira ter a muller boa, déalle cervoa.
  • O que quere a muller, iso se ha facer.
  • O temor á muller é o comezo da saúde.
  • Onde non hai muller, todo anda como Deus quer.
  • Para a muller o casar é fiar, pero o parir é chorar.
  • Para a muller que se garda, non hai ocasión que valla.
  • Pasa por boa muller a que varre ao amañecer.
  • Pola boca morre o peixe e a muller pérdese.
  • Pola muller entrou o mal no mundo.
  • Por unha vez que me arremanguei, toda me lixei.
  • Quen boa muller ten, seguro vai e seguro vén.
  • Quen serve mozo, muller e común non serve a ningún.
  • Quen ten fillas para casar,merque rocas para fiar.
  • Quen ten muller, ten o que ha mester.
  • Se que res ver a túa muller marta, dálle a comer samborca.
  • Se vas á feira a feirearte, tes que comporte e amañarte.
  • Sufrirei filla golosa e albendeira mais non fenestreira.
  • Tan limpa e tan recachada e cada mes pon camisa lavada.
  • Unha ama forte e brava é o gobemo dunha casa.
  • Vale máis unha muller guisando, que un cento latricando.
  • ¡Ai, Señor, por quen ti es, que non se acaben as mulleres!
  • ¡Deus me dea mesón que sexa da mesoneira e do mesoneiro non!
  • ¡Léveme Deus Ao mesón onde a mesoneira mande e o mesoneiro non!
  • ¡Quen me dera un arrimiño ande poderme arrimar!