movemento
mover
-
-
s
[FÍS ]
Acción pola que un corpo ou algunha das súas partes cambia de lugar ou de posición.
-
movemento ameboide
[BIOL ]
Maneira peculiar de moverse unha ameba ou un leucocito pola emisión de pseudópodos.
-
movemento automático
[FÍS ]
Movemento que se produce no corpo independentemente da vontade.
-
movemento coreico
[PAT ]
Movemento involuntario e rápido, que se produce sen causa aparente, en repouso e en acción, ilóxico e desordenado, observado nas distintas variedades da corea.
-
movemento paratónico/inducido
[FÍS ]
Movemento provocado por un factor externo que actúa como excitante.
-
s
[FÍS ]
-
s
m
-
Alteración na maneira de ser.
-
Primeira manifestación dun efecto ou dun sentimento.
-
-
s
m
-
[ARTE/LIT/MÚS ]
Animación ou vivacidade dunha descrición literal, dunha obra de arte ou dunha peza teatral.
-
[ARTE ]
Efecto da combinación das liñas, da luz e da sombra.
-
[ARTE/LIT/MÚS ]
-
s
m
-
Conxunto de manifestacións artísticas ou ideolóxicas, cunha certa unidade de trazos característicos, que supoñen un cambio respecto á época anterior.
-
Corrente de opinión ou tendencia artística que recolle e tipifica o movemento correspondente.
-
Conxunto de persoas que integran un movemento, as súas actividades e as súas obras.
-
-
-
movemento aparente
Movemento que un astro describe sobre a esfera celeste.
-
movemento directo
Movemento orbital dun corpo arredor do Sol, ou dun satélite arredor do correspondente planeta, que se produce no sentido oeste-leste.
-
movemento diúrno
Movemento aparente dun astro, realizado no sentido leste-oeste, causado pola rotación da Terra en torno ao seu eixe.
-
movemento espacial
Movemento dun astro no espazo.
-
movemento propio
Movemento aparente dunha estrela causado pola súa variación de posición da súa órbita no espazo e polo cambio de posición relativa entre a estrela e o Sol.
-
movemento radial
Compoñente do movemento dun astro na dirección da visual de observador, acercándose e afastándose da Terra.
-
movemento retrógrado
Movemento orbital de sentido oposto ao movemento directo.
-
movemento aparente
-
-
s
ariación, nun sistema material, co tempo da súa posición respecto a un sistema de referencia.
-
movemento absoluto
Movemento dun corpo que se move en relación a determinados corpos ou puntos de referencia que se supoñen fixos.
-
movemento acelerado
Movemento no que a aceleración non é nula e pode ser positiva ou negativa.
-
movemento circular uniforme
Movemento no que a velocidade é constante en módulo e variable en dirección, e a aceleración tanxencial nula.
-
movemento harmónico
Movemento periódico no que a lei de variación co tempo é unha función harmónica.
-
movemento rectilíneo uniforme
Movemento no que a velocidade é constante en módulo e a dirección e calquera aceleración é nula.
-
movemento rectilíneo uniformemente acelerado
Movemento no que o módulo da velocidade é variable e a dirección é constante, como tamén o módulo de aceleración que, ademais, ten a mesma dirección ca a velocidade.
-
movemento vibratorio harmónico
Movemento no que tanto a velocidade como a aceleración non son constantes.
-
s
-
s
m
[MAT ]
Aplicación dun espazo métrico no que se conserva a distancia e na que o grupo de movementos do plano está xerado polas asimetrías axiais. Actualmente téndese a chamar isometría.
-
s
m
[BÉL ]
Evolución de tropas.
-
-
s
Grao da velocidade na interpretación dun segmento musical.
-
s
Nome que se dá ás diferentes partes que forman unha composición musical.
-
movemento contrario
Movemento melódico que se establece entre dúas partes musicais, mentres unha ascende, a outra descende.
-
s
-
-
s
[POLÍT ]
Corrente ou ideoloxía política.
-
movemento agrario /
[HIST/POLÍT ]
agrarismo.
-
movemento militar /
[BÉL/POLÍT ]
Sublevación militar contra un goberno constituído.
-
movemento obreiro
[POLÍT ]
Actuación da clase obreira para liberarse da explotación capitalista.
-
movemento revolucionario /
[BÉL/POLÍT ]
Movemento que busca a revolución.
-
s
[POLÍT ]
-
-
s
Movemento da xente e dos coches que circulan nunha rúa.
-
movemento dun porto
Movemento de entrada e saída de naves nun porto.
-
s
-
movemento da terra
[XEOL ]
Desprazamento das masas continentais terrestres que, segundo as forzas que os producen, poden ser epiroxénicos e oroxénicos.
-
movemento de terras
[CONSTR ]
Conxunto de operacións de extracción e transporte de terra e rochas que se fai na preparación dun terreo para construír unha estrada ou unha vía férrea.
-
movementos internacionais de capital
[ECON ]
Transaccións de capital efectuadas entre países ou organizacións internacionais.