mosaico

mosaico

ital mosaico

Plural: mosaicos
  1. s m
    1. [ARTE/DEC ]

      Decoración dunha superficie, feita incrustando anacos de pedra, de mármore ou doutros materiais de diferentes cores.

    2. Conxunto de cousas dispostas de xeito que ofrecen o aspecto dun mosaico.

  2. s m [XEOG ]

    Serie de fotografías aéreas que se unen cando se pretende reunir nun só plano unha gran superficie de terreo para fotografala.

  3. s m
    1. [CONSTR ]

      Baldosa para pavimentar interiores, moi fácil de abrillantar e xeralmente de forma cadrada, hexagonal ou oitavada.

    2. Pavimento feito con baldosas de mosaico.

  4. s m [BOT/PAT ]

    Nome común de diferentes enfermidades das plantas (tabaco, pataca e tomateira), que teñen como axente os virus.

  5. s m
    1. Organismo ou tecido derivado dun só cigoto que, por feitos ocorridos despois da fecundación, mostra polo menos dúas liñas celulares con cariotipos distintos.

    2. Organismo híbrido, constituído por tecidos xeneticamente diferentes.

  6. s m [TECNOL ]

    Superficie fotosensible dun iconoscopio e doutros tubos analizadores de televisión, na que inciden os raios luminosos da escena que se quere transmitir.