morea

morea

lat muraena

Nome científico: Muraena helena Plural: moreas
s f [ANIMAL/ICT ]

Peixe angüiliforme, da familia dos murénidos, de corpo serpentiforme, comprimido lateralmente, sen escamas e sen aletas pectorais. Presenta a pel grosa e recoberta de mucosidade e habita nas fendeduras e nas covas das costas rochosas, a pouca profundidade.