morea

morea

prerromano *mora?

Plural: moreas
  1. s f

    Conxunto de cousas colocadas unhas sobre outras ou cantidade de algo agrupada en forma de montaña.

  2. s f

    Gran número ou gran cantidade de algo.

  3. s f

    Grupo de feixes de trigo ou de calquera outro cereal que se coloca de pé na terra despois da sega.

Sinónimos

Citas

  • Bule xa, que aínda quedan moitas moreas que apañar!
  • Carrexamos moreas e moreas de terra para o noso eido
  • Déronme moreas de parabéns pola miña vitoria

Frases feitas

  • Ofrecer montes e moreas. Ofrecer moito e dar pouco.

  • Ter montes e moreas. Non ter nada.