misa
lat tardío missa ‘despedida’
-
s
f
[RELIX ]
Celebración da Eucaristía na Igrexa latina que consta no seu desenvolvemento litúrxico de catro partes: o rito de entrada, a liturxia da Palabra, liturxia eucarística e rito de despedida.
-
misa baixa
[RELIX ]
Expresión coa que antes se designaba a misa que non era cantada.
-
misa de Amador
[RELIX ]
Cada unha das trinta misas que se daban polos defuntos.
-
misa de ánimas
[RELIX ]
Misa que os párrocos tiñan que celebrar polas ánimas do purgatorio coas esmolas que se recollían no peto de ánimas.
-
misa de estaca
[RELIX ]
Misa que se celebraba nunha hora e nun altar determinado por unha fundación pía.
-
misa de ouro
[RELIX ]
Misa que celebra o sacerdote para conmemorar o cincuenta aniversario da súa primeira misa.
-
misa de réquiem
[RELIX ]
Misa que se celebra polos defuntos.
-
misa do galo
[RELIX ]
Misa solemne que se celebra á medianoite do 24 ao 25 de decembro.
-
misa negra
Parodia sacrílega da misa católica que se fai para implorar un favor do demo.
-
misa nova
[RELIX ]
Primeira misa que di un sacerdote.
Frases feitas
-
Estar coma os cans na misa. Estorbar.
-
1 Expresa que algu
-
2 Expresa que algo xa pasou hai moito tempo.
-
Non saber da misa a media. Non estar ben informado ou ignorar cousas.
-
Vaiche na misa
Refráns
- A misa do galo, unha vez ao ano.
- A misa e o pensamento son de pouco alimento.
- Bo é a misa ir e a casa gardar.
- Misa nova, crego vello.
- Non hai misas coma as de carpo presente.
- Non oe a misa a "campana" e a todos a misa chama.
- Non todos van á misa por rezar.
- Vale máis oír unha misa en vida, que moitas despois de marta.