mestura

mestura

lat mixtūra

Plural: mesturas
  1. s f

    Acción de mesturar ou mesturarse.

  2. s f

    Aquilo que se lle mestura a algo.

  3. s f

    Substancia que resulta de mesturar dúas ou máis cousas.

  4. s f [FÍS ]

    Superposición de distintos sinais eléctricos co fin de obter outros de características determinadas.

  5. s f [FÍS/QUÍM ]

    Sistema formado por dous compoñentes ou máis en calquera proporción, que se poden separar por medios físicos.

  6. s f [QUÍM/IND ]

    Operación de mesturar dous compoñentes sólidos ou máis, xeralmente en forma granular ou de po, para obter un produto homoxéneo.

  7. s f [TECNOL ]

    Sistema gasoso constituído por aire e carburante, utilizado nos motores de combustión interna.

  8. grao de mestura [FÍS ]

    Concepto que expresa o grao de desorde termodinámica dunha mestura de fluídos.

  9. método das mesturas [FÍS ]

    Método calorímetro que consiste en medir a cantidade de calor producida na evolución dun sistema mediante a diferenza de temperatura que esta evolución provoca nunha substancia que previamente foi mesturada.

  10. mestura frigorífica [TECNOL ]

    Mestura de dúas substancias ou máis, unha delas sólida, que cando se efectúa produce un descenso da temperatura.

  11. pan de mestura

    Pan feito con fariña de trigo mesturada con fariña de centeo.

Sinónimos

Citas

  • No seu corazón había unha mestura de amor e odio
  • O cóctel era unha mestura de ron, lima, zume de limón e azucre
  • O pantalón non é de algodón puro, leva mestura