mestura
lat mixtūra
-
s
f
Acción de mesturar ou mesturarse.
-
s
f
Aquilo que se lle mestura a algo.
-
s
f
Substancia que resulta de mesturar dúas ou máis cousas.
-
s
f
[FÍS ]
Superposición de distintos sinais eléctricos co fin de obter outros de características determinadas.
-
s
f
[FÍS/QUÍM ]
Sistema formado por dous compoñentes ou máis en calquera proporción, que se poden separar por medios físicos.
-
s
f
[QUÍM/IND ]
Operación de mesturar dous compoñentes sólidos ou máis, xeralmente en forma granular ou de po, para obter un produto homoxéneo.
-
s
f
[TECNOL ]
Sistema gasoso constituído por aire e carburante, utilizado nos motores de combustión interna.
-
grao de mestura
[FÍS ]
Concepto que expresa o grao de desorde termodinámica dunha mestura de fluídos.
-
método das mesturas
[FÍS ]
Método calorímetro que consiste en medir a cantidade de calor producida na evolución dun sistema mediante a diferenza de temperatura que esta evolución provoca nunha substancia que previamente foi mesturada.
-
mestura frigorífica
[TECNOL ]
Mestura de dúas substancias ou máis, unha delas sólida, que cando se efectúa produce un descenso da temperatura.
-
pan de mestura
Pan feito con fariña de trigo mesturada con fariña de centeo.
Sinónimos
Citas
- No seu corazón había unha mestura de amor e odio
- O cóctel era unha mestura de ron, lima, zume de limón e azucre
- O pantalón non é de algodón puro, leva mestura