mesquiño -ña
mesquiño -ña
ár miskīn ‘pobre, desgraciado’
-
adx
Que escatima no que gasta ou no que dá. Tm s.
-
adx
Que carece de xenerosidade e nobreza. Tm s.
-
adx
Que é escaso ou de cantidade reducida.
Citas
- Co novo traballo mellorou a vida mesquiña que levaba
- Danlle unha axuda mesquiña, non lle chega a nada
- Dunha persoa mesquiña coma el non esperes nada, O mesquiño non a acolleu na súa casa
- Hai que ser unha persoa moi mesquiña para aforrar en comida, Sempre foi un mesquiño, por aforrar só comía unha vez ao día
Formas incorrectas
mezquiño -ñaRefráns
- Morre de sede o mesquiño e está no medio do río.
- Na casa do mesquiño, cando hai para pan, non hai para viño.