mesquindade

mesquindade

mesquiño

Plural: mesquindades
  1. s f

    Calidade de mesquiño.

  2. s f

    Cousa ou acción mesquiña.

Citas

  • Estas mesquindades só as pode facer unha persoa coma ela
  • Nunca pensei que nel había tanta mesquindade

Refráns

  • A escudeiro mesquiño, rapaz adiviño.
  • Cando aquí non esteades, comigo comeredes.
  • Con auga e con aire non convides a naide.
  • Home mesquiño, despois de comer ten frio.
  • Negra é a cea na casa anea, pero inda é máis negra para quen dá a cea.
  • O cabalo do mesquiño: farto de auga, mal mantido e ben corrido.
  • O fillo do mesquiño, pouco pan e moito vicio.
  • Ó home mesquiño abóndalle un fouciño.
  • O home mesquiño non colle forzas con pan nin con viño.
  • O home mesquiño, despois de comer, ten frío.
  • Quen ao sementar é mesquiño, para a seitura escusa fouciño.
  • Quen non dá do seu viño, non queira catar o do veciño.
  • Quen non sementa, non coneita.
  • Quen non sementa, non sega.
  • Quen pouco sementa pouco colleita.
  • Se na sementeira es mesquiño, para a seitura escusas fouciño.
  • Tarde dá quen agarda a que lle pidan.
  • Toma un ovo e énchete.