merovinxio -xia

merovinxio -xia

antropónimo Meroveo

Plural: merovinxios Masculino: merovinxio Masculino plural: merovinxios Feminino: merovinxia Feminino plural: merovinxias
  1. adx

    Relativo ou pertencente a Meroveo, á súa dinastía ou á época dos merovinxios.

  2. s [HIST ]

    Membro da dinastía merovinxia.

  3. s m pl [HIST ]

    Primeira dinastía dos reis francos. Coñecidos como primeira raza, tomou o nome de Meroveo.

  4. escritura merovinxia [PALEOG ]

    Escritura latina utilizada no centro e no N de Francia nos ss VI-VIII. A característica común é un trazado a miúdo sinuoso e pouco esquemático, cheo de nexos cursivos. Desapareceu coa chegada da escritura carolinxia.

Palabras veciñas

meromixis merópido -da meróstomo -ma merovinxio -xia merozoíto mes mesa