absorción

absorción

lat ecles absorptĭōne

Plural: absorcións
  1. s f

    Acción de absorber.

  2. s f [QUÍM/FÍS ]

    Penetración dunha substancia no seo doutra con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química.

  3. s f
    1. Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno de substancias procedentes do medio externo. 2 Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos.

  4. s f [ECON ]

    Fusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras.

  5. absorción acústica [FÍS ]

    Perda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.

  6. absorción das radiacións [FÍS ]

    Perda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.

  7. absorción de calor [FÍS ]

    Intercambio de calor e de traballo entre dous sistemas.

  8. absorción iónica [FÍS ]

    Perda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.

  9. axente de absorción [QUÍM/IND ]

    Substancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe desas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.

  10. coeficiente de absorción [FÍS ]

    Magnitude característica dun medio para unha frecuencia ou enerxía da radiación que lle incide.

  11. liña de absorción [FÍS ]

    Raia escura dun espectro de absorción.

Sinónimos

Citas

  • A absorción de todas as funcións nunha soa persoa trae como consecuencia a insatisfacción dos demais