materia

materia

lat materĭa

Plural: materias
  1. s f
    1. Substancia coa que está feita ou constituída unha cousa.

    2. [FÍS/FILOS ]

      Aquilo que constitúe o universo físico coa enerxía.

    3. [FILOS ]

      Calidade esencial do real que fai que as cousas existan independentemente do feito de que sexan coñecidas pola consciencia.

  2. s f

    Aquilo que é fundamento dun xuízo ou dun estudo.

  3. s f [RELIX ]

    Conxunto de xestos e obxectos exteriores que acompañan as palabras rituais dun sacramento.

  4. s f

    Disciplina que integra un programa que vai ser ensinado dentro dun período de tempo determinado, xeralmente un curso académico, e que forma parte dun plano de estudos.

  5. materia escura [ASTRON ]

    Materia que, presumiblemente, conforma o 90% da masa total do Universo.

  6. materia interestelar [ASTRON/FÍS ]

    Materia de densidade moi baixa distribuída polo espazo interestelar en forma de gas e, en proporción moito menor, de po. 

  7. materia intergaláctica [ASTRON ]

    Materia constituída por gas e partículas de po que existe no espazo exterior das galaxias.

  8. materia médica [MED ]

    Parte da medicina que ten por obxecto a descrición da orixe, os caracteres e a constitución de todos os axentes terapéuticos.

  9. materias primas [ECON/TECNOL ]

    Recursos que se extraen directamente da natureza para utilizalos nun posterior proceso de produción.

    1. materia branca

      substancia branca.

    2. materia gris

      substancia gris.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • As relacións internacionais foron materia de estudio de varios relatorios
  • Busca materiais para a súa nova novela
  • Non hai tempo material para rematar o traballo de ciencias
  • O carbón é unha materia inflamable
  • O incendio causou numerosas perdas materiais
  • O martes chegou o material de laboratorio que se encargara
  • O teu veciño foi o autor material do crime
  • Regaloume unha carteira de material
  • Só pensa nos praceres materiais
  • Temos que estudialo todo, aínda que o profesor non conseguiu dar toda a materia, Suspendeu matemáticas, aínda que é a súa materia preferida

Frases feitas

  • En materia de. loc prep Con respecto a. Ex: En materia de vi

  • Entrar en materia. Abordar, despois dun pre