matemática
matemática
lat mathemat ǐ ca gr τà μαθηματικά μάθημα ‘coñecemento’
-
s
f
[MAT ]
Ciencia que estuda as propiedades dos números, das figuras, dos conxuntos, das operacións ou das funcións. Segundo o obxecto particular do seu estudo divídese en xeometría, álxebra, análise matemática, topoloxía, teoría dos conxuntos, teoría dos números, cálculo de probabilidades ou cálculo numérico.
-
matemática computacional
[MAT ]
Parte da matemática que trata problemas que incorporan na súa resolución o uso dun ordenador.