matar

matar

lat v mattāre mattu ‘estúpido’

  1. v t

    Quitar a vida a unha persoa, animal ou planta.

  2. v t

    Apagar a luz ou o lume.

  3. v t

    Facer desaparecer a fame ou a sede.

  4. v t

    Quitar a saúde ou a tranquilidade.

  5. v t

    Facer desaparecer a esperanza ou a ilusión a algo.

  6. v t

    Botar unha carta superior á do contrario, gañando así a baza, nos xogos de cartas.

  7. v pron

    Peder alguén a vida.

  8. v pron

    Sacrificarse por algo ou por alguén.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

asasinar, extinguir, morrer, saciar, sufocar

Citas

  • A ti o que te mata é traballar tanto
  • Aquel desengano matoulle a fe que tiña posta nel
  • Esa nena mátanos coas súas ocorrencias
  • Frega tanto o piso que xa lle matou o brillo
  • Mata as horas paseando e lendo
  • Matou a fame cun anaco de pan
  • Matou a fogueira cun caldeiro de auga
  • Matouse colgándose dunha viga
  • Matouse nun accidente laboral
  • Matouse por sacar a familia adiante
  • Non te mates moito a facer o que che pediron, porque non cho van agradecer nada
  • O ladrón matou o empregado do bar cunha navalla
  • O xefe mátaos con traballo, Vou durmir que me mata o sono

Frases feitas

  • Estar/Levarse a matar. Levarse moi mal d

  • Matarse vivo. Esforzarse moito por conseguir ou facer algo. Ex: Matouse viva por acabar a carreira.

  • Nin que o (me, te,...) maten. De ning

  • Un mata e outro esfola. Expresa que d

Conxugar
VERBO matar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mato
matas
mata
matamos
matades
matan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mataba
matabas
mataba
matabamos
matabades
mataban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
matei
mataches
matou
matamos
matastes
mataron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
matara
mataras
matara
mataramos
matarades
mataran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
matarei
matarás
matará
mataremos
mataredes
matarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mataría
matarías
mataría
matariamos
matariades
matarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mate
mates
mate
matemos
matedes
maten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
matase
matases
matase
matasemos
matasedes
matasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
matar
matares
matar
matarmos
matardes
mataren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
mata
-
-
matade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
matar
matares
matar
matarmos
matardes
mataren
Xerundio matando
Participio matado
matada
matados
matadas