marzo

marzo

lat martiu

Plural: marzos
s m [CRON ]

Terceiro mes do ano. No antigo calendario romano era o primeiro dos meses, consagrado ao deus da guerra, Marte, de quen deriva o seu nome.

Refranes

  • Alá vaias, marzo marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros; agora virá teu irmán abril, que non sei se nos deixará vivir.
  • Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo.
  • Cando marzo retorce o rabo, non deixa ovella nin pastor sano.
  • Cóbregas en marzo, neves en abril.
  • Dixo o pastor a marzo: Mal trataches o meu gando; alá irás onde non vDlvas máis. E marzo respondeulle: Con tres días que me quedan e tres que me empreste meu irmán abril poreiche as túas ovellas a parir.
  • En marzo florecen tódolos campos.
  • En marzo queima ben a vella o tallo.
  • En marzo, abrigo e pantrigo.
  • En marzo, espigarzo.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, que coa neve non quere viro
  • Espigas en marzo, catro; espigas en abril, mil.
  • Marzo amola e abril esfola.
  • Marzo é a porta e abril trae a chave, se está posta.
  • Marzo é enganador: un día malo e outro peor.
  • Marzo gabo, cando non recacha o rabo.
  • Marzo louco e abril non pouco.
  • Marzo marceador: de noite chove e de día vai sol.
  • Marzo marceiro: pola mañán cara de can, e pola tarde falangueiro.
  • Marzo marzadas, vento, frío, sol e saraibadas.
  • Marzo marzado: cada ovella co seu año.
  • Marzo marzán: cara de rosas pola mañán e pola noite cara de can.
  • Marzo marzola: trebón e raiola.
  • Marzo marzolas: treboadas e raiolas.
  • Marzo marzoso: pola mañán cara de porco, polo serán cara de verán.
  • Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso fan o ano fermoso.
  • Marzo pardo, pouc"o sol e malo.
  • Marzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso.
  • Marzo ventoso, abril chuvioso e maio pardo fan fermoso o ano.
  • Marzo, espigarzo.
  • Marzo, espigas catro; abril, espigas mil.
  • Nin marzo con flores nin moza sen amores.
  • O aire e o sol de marzo queiman as donas no pazo.
  • O sol de marzo queima a dona no pazo.
  • O sol de marzo queima as donas no seu pazo.
  • Polo san Pedro da Cuadre la sae a cóbrega de debaixo da pedra.
  • Se en marzo ou abril o cuco non vén, quere vir a fin.
  • Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ao cuco lle pasou.
  • Se marzo recacha o rabo, non queda ovella nin año.
  • Se marzo retorce o rabo, non queda ovella no monte nin no campo.
  • Tardes de marzo, recolle o teu gando.
  • Vendima no regazo aquel que poda por marzo.