martelo
martelo
lat tardío martellu, de martullu
-
s
m
Ferramenta formada por unha peza xeralmente metálica, que é a que bate, unida a un mango delgado e longo, que se emprega en certos oficios para dar golpes.
-
s
m
Peza do mecanismo de certas armas de fogo que golpea sobre o percusor para provocar a explosión.
-
s
m
[DEP ]
Bóla de ferro unida a unha corda de aceiro que se emprega para facer lanzamentos nunha disciplina atlética.
-
s
m
Peza que bate na campaíña dun reloxo para dar as horas.
-
s
m
[ANAT ]
Óso do oído medio que transmite a vibración do tímpano á bigornia.
-
martelo mecánico
[TECNOL ]
Martelo en que á enerxía de baixada da masa móbil se suma a transmitida por unha bésta, previamente deformada pola subida anterior da masa móbil.
-
martelo pneumático
[TECNOL ]
Máquina perforadora que utiliza o aire comprimido como enerxía motriz.