martabela

martabela
Plural: martabelas
  1. s f

    Carraca formada por unha aspa colocada sobre un pau, que se emprega para espantar os paxaros co ruído que fai ao xirar coa forza do vento.

  2. s f

    Elemento, xeralmente de madeira, que consiste nunha peza que xira sobre unha punta cravada na súa parte central e que serve para pechar por dentro portas ou ventás.

  3. s f fig

    Persoa que fala moito e con pouco tino.

Sinónimos

Citas

  • A martabela parece que xa non asusta os paxaros
  • Cando marches ponlle a martabela á porta
  • É unha martabela, sempre ten que dicir algo