marca

marca

lat tardío marca xerm *mark

Plural: marcas
  1. s f

    Acción de marcar.

  2. s f

    Sinal que se fai a algo ou alguén para distinguilo.

    1. s

      Distintivo particular e exclusivo que un fabricante lle pon ás súas mercadorías e que garante a súa procedencia.

    2. s

      Empresa que fabrica produtos de marca.

    3. marca rexistrada

      Signo ou nome representativo dunha fábrica rexistrada legalmente.

  3. s f

    Trazo ou conxunto de trazos deixados por algo ou alguén no lugar sobre o que estivo.

  4. s f

    Impresión forte que quedou dun determinado suceso.

  5. s f [DEP ]

    Resultado que serve de referencia nalgunhas competicións deportivas.

  6. s f
    1. Sinal que queda na pel de forma momentánea froito do contacto ou presión dunha cousa sobre ela.

    2. Cicatriz que deixa unha ferida.

  7. s f [HIST ]

    Entidade xeográfica ou político-militar fronteiriza.

  8. s f [MAR ]

    Punto da costa que utilizan os mariñeiros como punto de referencia.

Sinónimos

Citas

  • Aquela muller deixou nel unha marca imborrable
  • As estrelas serviron de marca para guiarnos no camiño
  • Esta marca de coches ten moito prestixo
  • Esta pulseira quédame apretada e déixame marca
  • O atleta mellorou a súa marca persoal
  • O lobo pasou por aquí porque aínda se ven as súas marcas na neve, Enfadouse porque lle deixou as marcas dos dedos no cristal
  • O patrón do barco tomou como marca o cabo da Nave
  • Os atletas xa están situados nas marcas de saída
  • Quedáronlle marcas do accidente por toda a cara
  • Recoñeceralo perfectamente porque lle puxen unha marca

Frases feitas

  • 2 De calidade asegurada.

  • De marca 1 De empresa comercial co

  • Superar unha marca. Ser mellor ou superar a outro na realizaci

Formas incorrectas

récord