andaluz -za
andaluz -za
Plural:
andaluces
Masculino:
andaluz
Masculino plural:
andaluces
Feminino:
andaluza
Feminino plural:
andaluzas
-
adx
Relativo ou pertencente a Andalucía ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Andalucía.
-
s
m
[LING ]
Dialecto do castelán.
-
raza andaluza bovina
[ZOOL ]
Raza bovina integrada por animais de perfil cóncavo, do tipo ibérico; desta raza é o touro de lidia.
-
raza andaluza cabalar
[ZOOL ]
Raza de cabalos integrada por animais de perfil lixeiramente convexo, de lombo arredondado e amplo, harmoniosos de proporcións e cadenciosos de movementos.