lugar

lugar

lat locāle

Plural: lugares
    1. s

      Porción determinada dun espazo.

    2. s [XEOG ]

      Pequena entidade de poboación en que se divide unha parroquia rural.

    3. s

      Terra de cultivo próxima á casa.

    4. lugar sagrado [RELIX ]

      Espazo vinculado dalgunha maneira á divindade. Destínase a gardar as reliquias e serve de asilo aos perseguidos.

    5. lugar xeométrico [MAT ]

      Conxunto de puntos do plano ou do espazo que comparten as mesmas propiedades.

  1. s m

    Porción de espazo que lle corresponde a algo ou a alguén.

  2. s m

    Sitio que algo ou alguén ocupa dentro dunha serie ou conxunto.

  3. s m fig

    Circunstancia en que se atopa alguén.

Sinónimos

Confrontacións

eido, eirado, eixido

Citas

  • Este non é o lugar no que debía estar colocado, O seu lugar de traballo é aquela mesa
  • Non sei qué faría no teu lugar, Deixáchesnos en mal lugar ao non cumprir o que prometeras
  • O fillo que quede na casa herdará o lugar
  • O meteorito caeu nalgún lugar do océano
  • Perdiches o teu lugar na fila, Cantará en cuarto lugar
  • Ten botadas no lugar unhas cebolas e unhas leitugas

Frases feitas

  • Dar lugar a. Causar ou provocar algo. Ex: A s

  • Ter lugar. Ocorrer algo. Ex: A festa ter

  • En lugar de. En substituci